O Servizo de Gardacostas comisa sete pezas de miños con centolas e sargos na ría de Ferrol
Diario de Ferrol.
REDACCIÓN > FERROL
Os axentes do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia comisaron onte sete pezas de miños na ría de Ferrol, que contiñan varias centolas e sargos. Os diferentes aparellos estaban calados en zona prohibida e sen identificar. Dende a Consellería do Mar lembraron que a centola está vedada ata o vindeiro 23 de novembre e o lumbrigante, ata o 1 de xullo.
En toda Galicia incautáronse durante a mesma xornada máis de unha tonelada e media de diferentes especies, entre elas 638 quilos de centola. As actuacións dos gardacostas desenvolvéronse nas rías de Corme e Laxe, Camariñas, Arousa Norte, Pontevedra e Vigo.
Oye, Fernando, í‚´creo que sría interesante recopilar todos estos articulos y mandarselos a la conselleria de pesca?