Autor Tema: sobre la reserva de Cedeira!  (Leído 3881 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado Ctimy

  • Usuario 250 - 999 posts
  • ***
  • Mensajes: 574
sobre la reserva de Cedeira!
« en: 14 de Abril de 2009, 08:45:50 pm »
Hola chicos,pues nada que por lo que parece ya es oficial,si me equivoco en algo que me corrigan,pero creo que la cosa ya es mas que oficial. :-\ :-\ :-\


un saludo a todos chicos

aqui os adjunto el Diario Oficial de Galicia, y una imagen de la zona acotada.


Diario Oficial de Galicia
martes, 17 de febreiro de 2009

Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Ría de Cedeira.

A zona litoral constitúese como un espazo económico de elevado interese no que conflúen múltiples usos onde a protección dos valores naturais, patrimoniais, culturais e sociais se amosa cada vez máis complexa. As diferentes actividades humanas que exercen presión sobre esta zona, ben sexa a través da pesca ou ben doutras intervencións que alteran a dinámica litoral ou reducen a calidade das masas de auga, á vez que son fonte de riqueza económica e social, comportan tamén desequilibrios ambientais que repercuten negativamente na explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros, no conxunto da flora e fauna mariñas así como na vitalidade dos ecosistemas mariños en ocasións máis aló da súa capacidade de rexeneración.


Desde hai unhas décadas, diferentes acordos internacionais e normas da Unión Europea veñen establecendo a base doutrinal para a protección e conservación dos nosos mares e océanos, conformando un marco xurídico que permita o mantemento da biodiversidade así como a preservación duns mares limpos nos que a explotación dos recursos pesqueiros sexa sustentable.


A creación de reservas mariñas de interese pesqueiro encádrase completamente nesta filosofía compatibilizando a protección de áreas xeográficas para o manexo de recursos de acordo coa categoría VI da clasificación da UICN así como co artigo 7 do Código de conduta para unha pesca responsable da FAO, o cal avoga por adoptar medidas de ordenación pesqueira que leven á conservación e uso sustentable a longo prazo dos recursos pesqueiros. Neste senso, as reservas mariñas de interese pesqueiro encaixan perfectamente coas recomendacións dos máximos organismos internacionais.


A delimitación de áreas nas augas interiores de Galicia baixo unha fórmula proteccionista materializouse recentemente coa creación, mediante o Decreto 87/2007, do 12 de abril, da primeira reserva mariña de interese pesqueiro fronte ás costas da localidade de Lira, Os Miñarzos, que supuxo unha importante novidade na regulamentación desta materia na nosa comunidade autónoma.


Evidencias científicas amosan que este tipo de áreas mariñas protexidas non son tan só poderosas ferramentas para a conservación da diversidade biolóxica salvagardando a integridade dos ecosistemas, senón que tamén ofrecen, baixo a aplicación dun axeitado deseño, xestión e control, o tan necesario pulo para as pesqueiras e a súa sustentabilidade en que deben involucrarse desde o inicio os propios pescadores coa súa participación na toma de decisións, comprometéndose non só co medio mariño, senón tamén coa Administración e coa sociedade en xeral.


Trátase, en síntese, de abordar modelos da xestión de pesqueiras desde unha perspectiva diferente e máis efectiva, que ademais de permitir indirectamente achegar novas oportunidades socioeconómicas aos pescadores e ás comunidades costeiras a través do turismo, do lecer e da cultura mariñeira, permite directamente influír na economía das comunidades pesqueiras, en toda a súa extensión.


Isto último é posible mediante a recuperación das poboacións dos recursos explotados conseguida a través da protección de áreas de posta e cría, a mellora da estrutura demográfica, o aumento do potencial reprodutivo ou a posibilidade de exportar biomasa a zonas próximas da área mariña protexida.


A ría de Cedeira constitúe un espazo de indubidable singularidade paisaxística e alto valor ecolóxico, que a Confraría de Pescadores de Cedeira, tras a determinación da súa idoneidade mediante estudos de carácter pesqueiro e ecolóxico, propuxo que se lle outorgase un marco de protección dirixido ao interese pesqueiro.


O proceso incluíu desde o seu inicio o establecemento dun sistema de participación dos pescadores concretado na constitución dun grupo de traballo mixto encargado da elaboración dunha proposta de xestión de acordo cos coñecementos e coa experiencia baseada no coñecemento tradicional dos propios profesionais do mar de Cedeira. No funcionamento da reserva recóllese ademais a participación dos pescadores no seu órgano de xestión, seguimento e control.


Coa creación desta reserva, Galicia segue no camiño de fomentar a protección do ambiente e dos recursos naturais, así como de promover o desenvolvemento sustentable e a mellora da calidade de vida nas zonas marítimas, lacustres e costeiras en que se exercen actividades de pesca e de acuicultura, en concordancia cos obxectivos definidos polo Fondo Europeo da Pesca como finalidade das súas intervencións no período 2007-2013.


As actividades permitidas e limitacións de uso na reserva mariña de interese pesqueiro, xunto coa creación de dúas zonas de especial protección e unha de reserva integral, garanten os obxectivos de protexer, rexenerar e desenvolver os recursos de interese pesqueiro permitindo a sustentabilidade das pesqueiras artesanais da zona. Así mesmo, contribúese á conservación da biodiversidade e á recuperación do ecosistema mariño posibilitando a xeración de novas oportunidades socioeconómicas que redunden tanto nos propios pescadores como na vila de Cedeira e nos seus habitantes.


Na súa virtude, por proposta da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación no Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de xaneiro de dous mil nove,


DISPOíƒâ€˜O:

Artigo 1.-.-Obxecto e finalidade.

1. O obxecto deste decreto é a creación da reserva mariña de interese pesqueiro Ría de Cedeira. Enténdese por reserva mariña de interese pesqueiro, aquela zona de especial interese para a preservación e a rexeneración dos recursos mariños pola súa condición de áreas de reprodución, desova, cría ou engorda de especies de interese pesqueiro ou marisqueiro.


2. Os fins perseguidos no ámbito da reserva son os seguintes:

a) Protexer e favorecer a rexeneración dos recursos pesqueiros.

b) Impulsar a pesca artesanal e o marisqueo a través de medidas encamiñadas a acadar unhas actividades responsables e sustentables.


c) Conservar e protexer a flora e a fauna do medio mariño e a súa diversidade.

d) Fomentar a sensibilización ambiental sobre o medio mariño.

e) Divulgar os valores pesqueiros e ambientais da costa galega.

f) Favorecer os estudos científicos sobre as distintas especies así como as medidas de protección dos recursos e xestión das pesqueiras.


g) Posibilitar o desenvolvemento e a aplicación de modelos de xestión pesqueira coa participación dos/as profesionais da pesca e do marisqueo no seu deseño e posta en práctica.


Artigo 2.-.-Delimitación da reserva mariña de interese pesqueiro.

A reserva mariña de interese pesqueiro Ría de Cedeira comprende as augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia da boca da ría de Cedeira, delimitada pola liña da preamar máxima viva equinoccial e pola liña recta imaxinaria que une O Ensebadoiro e punta de terra da Chirlateira e definida polas seguintes coordenadas, representadas graficamente no anexo deste decreto, referidas ao DATUM WGS-84:

Ver referencia pdf "03300D011P090.PDF"
Artigo 3.-.-Zonas especiais.

Dentro do ámbito da reserva mariña delimitada no artigo anterior establécense zonas especiais entendendo como tales aquelas que polas súas características, desde o punto de vista pesqueiro e ecolóxico, e a súa relevancia de cara á consecución dos fins perseguidos no ámbito da reserva, requiren dunha protección máis intensa. As anteditas zonas, que aparecen recollidas e cartografadas no anexo e cuxas coordenadas están referidas ao DATUM WGS-84, son as seguintes:


1. Reserva integral de Esteiro: área marítima delimitada pola recta poligonal definida polas seguintes coordenadas:

Ver referencia pdf "03300D011P090.PDF"
2. Zona de especial protección de Vilarrube (en adiante ZEP I-Vilarrube): área marítima delimitada.


a) Ao sur pola liña da baixamar escorada (cota 0 de marea).

b) Ao norte pola liña imaxinaria que une punta Robaleira co Forno e definida polas seguintes coordenadas:

Ver referencia pdf "03300D011P090.PDF"
3. Zona de especial protección da boca da ría (en diante ZEP II-Boca da ría): área marítima delimitada polas liñas imaxinarias que unen entre si:


a) Ao sur a punta Castrelo e punta Folgoso.
Ver referencia pdf "03300D011P090.PDF"
b) Ao norte punta de terra da Chirlateira e O Ensebadoiro.
Ver referencia pdf "03300D011P090.PDF"
Artigo 4.-.-Actividades permitidas e limitacións de uso na reserva mariña.

Con carácter xeral, dentro da reserva mariña e por fóra das zonas especiais queda prohibida a práctica da pesca marítima, a extracción de fauna e flora e a realización de actividades subacuáticas, coas excepcións seguintes:


a) A pesca marítima profesional coas artes e aparellos tradicionalmente utilizados na zona: anzois, nasas, enmalle nas modalidades tradicionalmente autorizadas e de conformidade co establecido no Plan de xestión integral a que se refire o artigo 7.-.


b) A recollida de ourizo, percebe, navalla e longueirón ou calquera outro recurso específico que se recolla no marco do Plan de xestión integral.



c) O marisqueo a pé e a recollida de algas, conforme as normas recollidas no Plan de xestión integral.


d) A recollida de mexilla que unicamente poderá realizarse mediante acordo entre as confrarías de pescadores do ámbito da reserva mariña e as persoas concesionarias de bateas ou liñas de cultivo.


e) A mostraxe de flora e fauna mariñas que se autoricen expresamente con fins científicos ou de seguimento da reserva mariña.


f) A pesca marítima de recreo en superficie.

g) O mergullo de lecer nas condicións que regulamentariamente se establezan. As persoas que realicen mergullo non levarán ningún instrumento que poida utilizarse para a pesca ou extracción de especies mariñas, exceptuando un coitelo por razóns de seguridade.


Artigo 5.-.-Actividades permitidas e limitacións de uso na reserva integral de Esteiro.


Dentro da área de reserva integral de Esteiro queda prohibida a práctica da pesca marítima, a extracción de fauna e flora e a realización de actividades subacuáticas, coa excepción das actividades e toma de mostras autorizadas expresamente pola dirección xeral competente en materia de recursos mariños logo do informe do órgano de xestión, seguimento e control, con fins científicos ou de seguimento da propia área mariña.


Artigo 6.-.-Actividades permitidas e limitacións de uso nas zonas de ZEP-I-Vilarrube e ZEP-II-Boca da ría.


Dentro das zonas de protección especial queda prohibida a práctica da pesca marítima, a extracción de fauna e flora e a realización de actividades subacuáticas, coas excepcións seguintes:


a) A pesca con artes de enmalle dentro da ZEP I-Vilarrube nas modalidades tradicionalmente empregadas e de conformidade co establecido no Plan de xestión integral a que se refire o artigo 7.-.


b) A extracción de percebe dentro da ZEP II-Boca da ría, conforme o Plan de xestión integral.


c) O mergullo de lecer dentro da ZEP II- Boca da ría, nas condicións establecidas na letra g) do artigo 4.-.


d) As actividades e toma de mostras autorizadas expresamente pola dirección xeral competente en materia de recursos mariños logo do informe do órgano de xestión, seguimento e control da reserva, con fins científicos ou de seguimento da propia área mariña.


Artigo 7.-.-Réxime de xestión da reserva.

1. As actividades pesqueiras e marisqueiras recollidas nas letras a), b), c) e d) do artigo 4.- así como a) e b) do artigo 6.- desenvolveranse no marco dun Plan da xestión integral en que se recollerán as medidas específicas para cada unha das pesqueiras e zonas dentro da reserva.


2. O Plan de xestión integral será aprobado pola dirección xeral competente en materia de recursos mariños, logo de informe do órgano de xestión, seguimento e control da reserva.


A proposta do Plan de xestión integral será elaborada polas entidades asociativas que representen os/as profesionais da pesca e o marisqueo incluídos/as no censo ao que se refire o artigo 9.-.


3. O Plan de xestión integral poderá ter unha vixencia de entre seis meses e tres anos e terá que ser presentado cunha anticipación mínima de 3 meses ao vencemento do plan de xestión anterior. Cando non exista ningunha proposta presentada, a dirección xeral competente en materia de recursos mariños poderá aprobar de oficio, logo de informe do órgano de xestión, seguimento e control un Plan de xestión.


4. No Plan de xestión integral poderán recollerse medidas e/ou normas distintas ás establecidas nas disposicións regulamentarias, co obxectivo de adoptar as medidas de explotación necesarias que permitan conseguir unha explotación racional dos recursos pesqueiros e marisqueiros na reserva.


Artigo 8.-.-Condicións de acceso.

1. Poderán exercer a pesca marítima profesional no ámbito da reserva mariña as embarcacións de arqueo igual ou inferior a 1,5 GT.


Non se lles aplicará a limitación anterior ás embarcacións habilitadas legalmente para a captura do percebe, que só se poderán dedicar á extracción desta especie, nin ás despachadas con artes de anzol e autorizadas a capturar patexo para o seu emprego como engado vivo. Nestes dous casos as embarcacións só poderán dedicarse á captura do percebe no primeiro suposto e á de patexo, no segundo.


Co fin de adecuar as posibilidades reais de pesca ao estado dos recursos e ás características da frota, a dirección xeral competente en materia de recursos mariños, por proposta do órgano de xestión, seguimento e control, poderá autorizar temporalmente o acceso a embarcacións de arqueo superior a 1,5 GT. En todo caso, respectaranse os fins perseguidos no ámbito da reserva e recollidos no artigo 1.2 deste decreto e teranse en conta os informes técnicos emitidos ao respecto.


2. Para a realización das actividades pesqueiras e marisqueiras profesionais autorizadas na reserva será necesario estar inscrito nun censo específico de titulares dos permisos que os habilite para exercer esas actividades.


No caso das embarcacións a que se refire o segundo parágrafo do número 1 deste artigo, farase constar no censo a limitación da actividade.


3. Para realizar as actividades de mostraxe de flora e fauna permitidas na letra e) do artigo 4.-, artigo 5.- e letra d) do artigo 6.- será necesario o permiso de acceso previo da dirección xeral competente en materia de recursos mariños.


4. Para realizar a pesca marítima de recreo e o mergullo de lecer será necesario dispoñer dos permisos xerais correspondentes. Non obstante, por proposta do órgano de xestión, seguimento e control poderá limitarse o número de persoas ou embarcacións que poidan acceder ao ámbito da reserva para o exercicio destas actividades. Neste caso, requirirase un permiso de acceso específico outorgado pola dirección xeral competente en materia de recursos mariños.


Artigo 9.-.-Censo específico de titulares de permisos.

1. A consellería competente en materia de pesca elaborará o censo a que se refire o artigo anterior, que será aprobado por resolución da dirección xeral competente en materia de recursos mariños, logo da solicitude da persoa interesada e informe do órgano de xestión, seguimento e control.


2. Serán requisitos necesarios para a inscrición no censo:

a) A solicitude da persoa interesada.

b) Estar en posesión dos permisos que habilitan a embarcación ou persoa para o exercicio da actividade pesqueira ou marisqueira no ámbito da reserva.


c) Ter porto base na comunidade autónoma, no caso das embarcacións.

3. O censo actualizarase por proposta do órgano de xestión, seguimento e control, de acordo cos criterios de habitualidade na zona, as capturas realizadas na reserva e a concorrencia de causas de exclusión. A actualización farase coincidir, preferentemente, coa aprobación do Plan de xestión integral da reserva. En tanto non se acorde a actualización do censo, non se poderán incorporar a el novos titulares de permisos para exercer a actividade pesqueira e marisqueira.


4. Serán causas de exclusión do censo, ademais da que resulte da actualización, o incumprimento da normativa de uso e xestión da reserva e a negativa á realización do control das actividades polo Servizo de Gardacostas ou polo persoal de seguimento e control, sen prexuízo das responsabilidades en que se poida incorrer. No procedemento que se instrúa para o efecto daráselle audiencia á persoa interesada, que poderá efectuar as alegacións e propoñer as probas que crea convenientes. O órgano competente para resolver sobre a exclusión do censo será a persoa titular da dirección xeral competente en materia de recursos mariños.


Artigo 10.-.-Órgano de xestión, seguimento e control.

1. Co fin de constatar a evolución da reserva mariña e de asegurar o cumprimento dos obxectivos establecidos no presente decreto, créase o órgano de xestión, seguimento e control.


2. O órgano de xestión, seguimento e control estará constituído por oito membros designados pola consellería competente en materia de pesca, que procurará unha participación equilibrada de homes e mulleres:


a) Tres en representación da consellería competente en materia de pesca.

b) Un en representación da consellería competente en materia de ambiente.

c) Tres en representación da Confraría de Pescadores de Cedeira.

d) Un en representación do sector pesqueiro por proposta da Federación Galega de Confrarías.


A consellería competente en materia de pesca designará a presidencia e a secretaría do órgano de xestión, seguimento e control entre os representantes da Administración.


O órgano de xestión poderá incorporar ás súas reunións persoal asesor para informe e debate dos asuntos que se consideren oportunos.


3. O funcionamento do órgano de xestión, seguimento e control axustarase ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os órganos colexiados. En caso de empate nas votacións, este será dirimido polo voto do presidente.


4. Son funcións do órgano de xestión, seguimento e control:


a) A xestión da reserva mariña en todos os elementos previstos neste decreto, así como a supervisión e coordinación das actividades do persoal asignado á xestión, seguimento e control da reserva.


b) O seguimento da evolución e estado da reserva mariña no cumprimento dos seus obxectivos pesqueiros e de conservación da flora e fauna mariña. Con tal obxecto informará o programa de seguimento científico da reserva con anterioridade á súa aprobación e coordinará o seu desenvolvemento.


c) Propoñer e/ou informar as propostas de modificación da normativa reguladora da reserva así como dos modelos de xestión e condicións de uso dos espazos desta que leven a un desenvolvemento sustentable das actividades pesqueiras e marisqueiras.


d) Emitir informe no procedemento de elaboración e actualización do censo específico de titulares de permisos autorizados a faenar na reserva e informar o Plan de xestión integral.


e) Propoñerlle á Administración competente as limitacións á navegación e fondeadura con embarcacións e outros artefactos no ámbito da reserva.


f) Informar anualmente da situación da reserva mariña e dos seus resultados aos/ás pescadores/as e mariscadores/as e sectores afectados, así como divulgar os valores pesqueiros e ambientais da reserva ao público en xeral fomentando a sensibilización ambiental e a pesca e o desenvolvemento sustentable. Para estes fins proporá a realización de actividades de formación, información e divulgación en relación coa reserva.


g) O control das actividades realizadas no ámbito da reserva mariña, para o cal proporá o plan anual e as medidas de vixilancia que deberán efectuarse.


h) Aquelas que lle encomende a Administración pesqueira en relación coa reserva mariña.


Artigo 11.-.-Control e seguimento das actividades na reserva mariña.

1. A consellería competente en materia de pesca facilitará os medios necesarios para o control e seguimento por parte do órgano de xestión, seguimento e control das actividades realizadas no ámbito da reserva mariña que permitan garantir o cumprimento das súas normas de uso e xestión.


2. Todos/as aqueles/as que efectúen a actividade pesqueira e/ou marisqueira no ámbito da reserva mariña estarán obrigados/as a remitir toda a información referida á actividade realizada dentro da dita área ao órgano de xestión, seguimento e control para os efectos de obter un seguimento científico das pesqueras e de control efectivo.


3. O Servizo de Gardacostas realizará o control da actividade e a comprobación das capturas realizadas, sen prexuízo do seguimento que leve a cabo o órgano de xestión, seguimento e control.


Artigo 12.-.-Vixilancia.

O Servizo de Gardacostas de Galicia elaborará un plan de vixilancia anual da reserva mariña en que se terán en conta as medidas específicas de vixilancia e control propostas polo órgano de xestión, seguimento e control para asegurar o cumprimento dos obxectivos previstos nesta norma.


Artigo 13.-.-Infraccións e sancións.

1. O órgano de xestión porá en coñecemento da consellería competente en materia de pesca as actividades que supoñan unha vulneración da normativa que rexe a reserva mariña.


2. As vulneracións do disposto neste decreto que constitúan infracción administrativa serán sancionadas consonte a normativa que sexa de aplicación.


Artigo 14.-.-Financiamento.

A consellería competente en materia de pesca, por proposta do órgano de xestión, seguimento e control, e conforme a normativa en vigor, poderá elaborar propostas para o establecemento de taxas ou prezos públicos polo uso dos servizos ou emisión de permisos de acceso das actividades non profesionais que se realizarán na reserva mariña.


Disposicións adicionais

Primeira.-A disposición dos medios para o financiamento da reserva mariña no que se refire ao establecido neste decreto atenderase coas dotacións orzamentarias da consellería competente en materia de pesca e para o período comprendido ata o 2013 no marco do eixe prioritario 3 do Regulamento (CE) N.- 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca.


Segunda.-O órgano de xestión, seguimento e control constituirase no prazo de seis meses desde a entrada en vigor deste decreto.


Terceira.-O censo elaborarase no prazo máximo de doce meses contados desde a entrada en vigor deste decreto.


Cuarta.-No prazo máximo de dezaoito meses desde a entrada en vigor deste decreto terá que ser aprobado o Plan de xestión integral a que se refire o artigo 7.-.


Quinta.-A consellería competente en materia de pesca poderá ditar medidas de xestión para a extracción de determinadas especies así como aprobar plans experimentais para a utilización de determinadas artes ou aparellos de pesca en función dos informes técnicos sobre a evolución e o estado da reserva mariña.


Sexta.-A pesca con artes de enmalle non estará suxeita ás limitacións espaciais establecidas polos artigos 38.1.- e 42 do Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia, aprobado polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro.


Sétima.-Unicamente poderán extraer a mexilla no ámbito da área mariña os titulares de permisos de explotación a pé así como aquelas embarcacións habilitadas para a captura do percebe e sempre baixo as condicións recollidas nos artigos 4.- e 7.- deste decreto.


Disposicións transitorias

Primeira.-Ata a constitución do órgano de xestión, seguimento e control, as súas funcións serán realizadas pola dirección xeral competente en materia de recursos mariños.


Segunda.-En tanto non se aprobe o Plan de xestión integral seguirán en vigor as normas de xestión que estivesen aprobadas e en vixencia e aquelas outras que se aproben no período.


Terceira.-Ata que sexa elaborado o censo que se define no artigo 7.- deste decreto, a actividade pesqueira e marisqueira profesional no ámbito da reserva mariña será realizada polas mesmas embarcacións e titulares dos permisos de explotación para o marisqueo a pé que ata o de agora a veñen realizando. En calquera caso deberán respectarse as normas de actividade establecidas neste decreto.


Disposición derrogatoria

íƒÅ¡nica.-Queda derrogada a Orde do 19 de xaneiro de 2000 pola que se crea o polígono de viveiros Cedeira A, e se declara como zona de interese especial de cultivos mariños (DOG n.- 35 do 21 de febreiro).


Disposicións derradeiras

Primeira.-Competencias de desenvolvemento.

Facúltase a consellería competente en materia de pesca para ditar as ordes e resolucións necesarias para o desenvolvemento desta disposición.


Segunda.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor aos vinte (20) días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Santiago de Compostela, vinte e nove de xaneiro de dous mil nove.

Emilio Pérez Touriño
Presidente

Carmen Gallego Calvar
Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos
Ver referencia pdf "03300D011P090.PDF"


 

Desconectado Pastur

  • Usuario 250 - 999 posts
  • ***
  • Mensajes: 772
  • Ha sido agradecido: 4 veces
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #1 en: 14 de Abril de 2009, 09:42:51 pm »
Se sabe algo de la que quieren hacer en Viveiro ???. Algo he leido sobre esto y si sale alante lo de coger desde Roncadoira hasta Estaca seria una buena putada .
Tansiquiera la de Cedeira parece bastante pequeña, pero sigo pensando que las reservas deberian ser integrales y no que se aprobechen los profesionales para esplotar esas zonas sin que nadie los moleste.
Si esto sigue asi tendremos todos que ponernos las pilas y llegar si hace falta a manifestarnos. Un buen lema seria: RESEVAS SI PERO PARA TODOS:
 

Desconectado Xoan

  • Usuario 1.000 - 4.999 posts
  • ****
  • Mensajes: 2143
  • www.todopescagalicia.es
    • www.todopescagalicia.es
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #2 en: 14 de Abril de 2009, 10:42:29 pm »
Hay unas cuantas proyectadas, y que se harán seguro. Losp rofesionales han visto aquí un filón (un coto privado).
Aunque hay ya voces levantándose en contra.
La federación creo que iba a denunciar esto.
Yo también soy de la idea de que reservas si, y muchas, pero para todo el mundo. Sería una buena manera de que la gente de botellas tuviesen zonas tranquilas, para ellos. Y el mar una zona de reserva y cría, que nos beneficiaría a todos, y mucho.
Yo incluso he planteado la posibilidad de vedar zonas de costa, cada x millas, una zona de x millar vedada (pero para todo el mundo, por supuesto).
Un saludo.
Pescasub, fotosub, cazafotosub, hockeysub y más aficiones relacionadas con el mar y río.

Y sobre todas ellas escribo en todopescagalicia.es
 

Desconectado Ctimy

  • Usuario 250 - 999 posts
  • ***
  • Mensajes: 574
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #3 en: 15 de Abril de 2009, 01:20:41 am »
sobre la resera de Viveiro va todo hacia delante,y como bien decis desde Punta Roncadoiro,hasta el cabo de Bares....todo una faena,pues es una zona muy muy amplia! :-\

que se podria hacer?¿,aqui la cuestión!!!
 

Desconectado Fabian

  • Usuario 1.000 - 4.999 posts
  • ****
  • Mensajes: 2975
  • Sexo: Masculino
    • http://www.pescasub.com
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #4 en: 15 de Abril de 2009, 09:42:51 am »
Carlos,esto ya esta funcionando a pleno rendimiento desde hace mas de un mes,vigilantes todo el dia...etc...

Salio en el periodico ya hace unas 3 semanas cuando pillaron a 3 policias pescando en la zona de reserva...parece que los multaron y tal,aunque supongo que al ser compañeros y tal todo quedara en una anecdota..si me pillan a mi o a otro te crujen vivo...pienso yo..igual pues les meten la multa como a los demas.

Por el resto nada,la verdad es que a mi me jodieron bastante,en esa zona salia sacar muy buenas piezas...es ria si...pero a las Lubinas gordas es lo que mas le gusta.

En fin..este verano se van caer como moscas.

Lo peor es que empiezan con este cachito,pero llego hasta mis oidos que querian hacer lo mismo con la zona Estaca hasta cabo Prior...osea que agarraros lo cojones..si me vedan toda esa zona,dejo la pesca fijo.Me dedico solo a los perros.

Un saludo.

Fabian :o

Un saludo.

Fabian ;)

Lo importante es disfrutar!!!!.

Hazte socio de ADECASUB...es nuestro futuro.
 

Desconectado Ctimy

  • Usuario 250 - 999 posts
  • ***
  • Mensajes: 574
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #5 en: 15 de Abril de 2009, 02:56:53 pm »

Lo peor es que empiezan con este cachito,pero llego hasta mis oidos que querian hacer lo mismo con la zona Estaca hasta cabo Prior...osea que agarraros lo cojones..si me vedan toda esa zona,dejo la pesca fijo.Me dedico solo a los perros.


Fabian ;)




uffffff!!!! ::) ::) ???

eso es demasiado!!!.....yo creo que eso nos haria plantearnos muchas cosas a los que pescamos por la zona....esperemos que solo quede en un "dixome dixome".....y si no es asi??...mi ma!!

un saludiño

Carlos
 

Desconectado Pastur

  • Usuario 250 - 999 posts
  • ***
  • Mensajes: 772
  • Ha sido agradecido: 4 veces
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #6 en: 15 de Abril de 2009, 03:12:37 pm »
De Roncadoira a Estaca es lo que habia oido yo. Pero si ademas hacen otra de Estaca a Prior la cosa va a ser muy seria porque desde Roncadoira hasta Prior debe de haber mas de 100KM en linea recta y abarcaria 4 de las rias altas.
Me parece que estaria fuera de toda logica y habria que exigir otro tipo de "reservas", que sean integrales y cuya intencion sea una mejora en la conservacion de las especies y no que se use el termino de reserva marina para que los profesionales esploten esas zonas ( si se amplian un poco mas seria toda la costa Gallega con lo que pasaria como con los erizos, cada vez que un gallego quiere comer erizos sin tener que pagarlos o furtivearlos se tiene que venir a Asturias y aqui justo en lo frontera en mareas vivas esto parece una romeria) a su antojo con lo que el ecosistema seguiria con el mismo esfuerzo pesquero (lo que pescamos nosotros con respecto a los profesionales a la hora de contabilizarlo ni se veria en un grafico)
 

Desconectado psubma

  • Usuario 1.000 - 4.999 posts
  • ****
  • Mensajes: 1087
  • Ha sido agradecido: 11 veces
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #7 en: 15 de Abril de 2009, 03:22:24 pm »
Jodoooooooo :o
Se sabe algo de la postura de la federacion en estos temas??
La solucion pasaria por tribunales creo yo. Estamos en lo de siempre, un agravio comparativo con respecto a la pesca recreativa en superficie.
Ruben Rodriguez
 

Desconectado Xoan

  • Usuario 1.000 - 4.999 posts
  • ****
  • Mensajes: 2143
  • www.todopescagalicia.es
    • www.todopescagalicia.es
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #8 en: 15 de Abril de 2009, 06:14:16 pm »
Esa reserva que decís, de bareshasta prior, me parece un poco "heavy". No creo que pueda salir adelante. Sobre todo por un tema, entran varias cofradías, y ya sabemos que estos de las cofradías, entre ellos muy bien, pero si tocan a la manada vecina....bufff. no me imagino poniendo de acuerdo a los de cedeira con los de cariño, verdad fabi? jejeje.
La federación supongo que recurrirá todo esto. Es más, con un poco de tiempo, se verá el fracaso de estas reservas a irán al garete.
Un saludo.
Pescasub, fotosub, cazafotosub, hockeysub y más aficiones relacionadas con el mar y río.

Y sobre todas ellas escribo en todopescagalicia.es
 

Desconectado chi

  • Usuario 50 - 249 posts
  • **
  • Mensajes: 61
  • Sexo: Masculino
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #9 en: 15 de Abril de 2009, 07:28:18 pm »
Mira que les da ahora por las reservas.  ???

No sería mejor vedas alternativas por zonas de costa?. No sé si ahora se hace pero hace unos años recuerdo que con el pulpo se había hecho algo así. También con la almeja se hace cuando una zona está contaminada: se cierra hasta nuevo aviso.

Mira lo que se ahorrarían unos y otros. Y así no habría disculpa de que ah! yo estoy a las nécoras, o al pulpo o....... a lo que sea. ???

Mientras que así con las reservas hay que estar controlando a unos y otros que se encuentren en la zona, pues con las VEDAS no podría haber nadie anclado en el lugar, sólo de paso.

Desde luego la zona que está en veda total se recupera enseguida.

Por tanto: VEDA ALTERNATIVA TOTAL o RESERVA TOTAL

 Un saludo.
 
 

Desconectado Ctimy

  • Usuario 250 - 999 posts
  • ***
  • Mensajes: 574
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #10 en: 15 de Abril de 2009, 07:30:32 pm »
Es más, con un poco de tiempo, se verá el fracaso de estas reservas a irán al garete.
Un saludo.

lo veo dificil Xoan,ya sabes como es esta gente! ???
 

Desconectado Josebasantos

  • Usuario 1.000 - 4.999 posts
  • ****
  • Mensajes: 1478
  • Ha sido agradecido: 1 veces
  • Sexo: Masculino
    • Caza y pesca mania
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #11 en: 15 de Abril de 2009, 07:47:47 pm »
El tema pinta muy mal, seria intereante qe alguien de Galicia se uniese a ADECASUB como delegado y asi podriamos cubrir esa zona con mas conocimiento de causa y empezar a intrponer demandas cuando hagan faltacomo en este caso. ¿Nadie se anima? Un saludo

Joseba
Joseba Santos Madrid
 

Desconectado Xoan

  • Usuario 1.000 - 4.999 posts
  • ****
  • Mensajes: 2143
  • www.todopescagalicia.es
    • www.todopescagalicia.es
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #12 en: 15 de Abril de 2009, 07:59:36 pm »
Hemos cambiado de gobierno. No soy precisamente del PP, pero los patanes que estaban antes (más bien vendidos), les daban carta blanca a estas reservas. Habrá que ver si el nuevogobierno lo hace.
Ysi lo hace, habrá que ver un rendimiento en estas zonas, que justifique su existencia, y su rentabilidad. SI no lo hacen, pues...
Además, la federación estoy seguro que meterá mano en el asunto, aunque es dificil. Lo que habría que conseguir es que sean reservas integrales, así ya no las buscárían tanto los profesionales.
El problema de adecasub, es que en estos casos, la xunta sólo hace caso a federaciones o similares (y tmapoco hace caso, hace el paripé y nada más). La única manera es juicios. Y estos son largos y muy muy costosos. Será en lo que se meta la federación, pero para eso hace falta pasta. Mucha.
Un saludo.
Pescasub, fotosub, cazafotosub, hockeysub y más aficiones relacionadas con el mar y río.

Y sobre todas ellas escribo en todopescagalicia.es
 

Desconectado chi

  • Usuario 50 - 249 posts
  • **
  • Mensajes: 61
  • Sexo: Masculino
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #13 en: 15 de Abril de 2009, 08:03:27 pm »
Crear  "Reservas" para ...  ¡¡uy que memoria!! ... ¿para qué o quién eran las Reservas? ???

Huy que lío... Vamos a ver: si son reservas para la fauna marina por qué se deja pescar, ya sea con un arte u otro.  Para esto que no le llamen reserva...que siga como hasta ahora que es lo que van a hacer.

Pero claro son reservas para los pescadores profesionales. Está reservado únicamente para ellos por eso les llaman así.

Así que cuando un marinero te diga que está en la Reserva no creais que está retirado, estará haciendo de las suyas... >:(


Saludos.
 

Desconectado Fabian

  • Usuario 1.000 - 4.999 posts
  • ****
  • Mensajes: 2975
  • Sexo: Masculino
    • http://www.pescasub.com
Re: sobre la reserva de Cedeira!
« Respuesta #14 en: 16 de Abril de 2009, 03:14:30 pm »
Xoan....si nos quitan de en medio de un plumazo,a los pescasubs...se alian no solo los de Cedeira y Cariño,se alia todas las cofradias de España y si hace falta con el mismo diablo se alian.

Un saludo.

Fabian ;)
Lo importante es disfrutar!!!!.

Hazte socio de ADECASUB...es nuestro futuro.
 

Tags: