Autor Tema: Veda del pulpo  (Leído 1411 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado karetox

  • Usuario 1- 50 posts
  • *
  • Mensajes: 35
Veda del pulpo
« en: 26 de Abril de 2007, 11:51:05 pm »
Hoy curioseando un poco por la web de la Xunta, me encuentro con esto...

Pesca e o sector fixan a veda do polbo para este ano entre o 11 de maio e o 9 de xullo

PESCA E O SECTOR FIXAN A VEDA DO POLBO PARA ESTE ANO ENTRE O 11 DE MAIO E O 9 DE XULLO

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2007.- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e o sector cefalopodeiro acordaron fixar os dous meses de veda do polbo para este ano entre os días 11 de maio e nove de xullo, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado hoxe. Deste xeito, dáse cumprimento á Orde do 13 de decembro de 2006 na que se fixaba unha veda de dous meses consecutivos comprendidos entre os meses de abril e xullo.

A veda establecida para 2007 efectuarase nas mesmas datas en cada unha das tres zonas de producción para as que a devandita orde fixaba plans de explotación. Trátase da Costa Noroeste (ao sur de Cabo Silleiro e desde Corrubedo a Monte Campelo), a Zona Cantábrica (comprendida entre Monte Campelo e o río Eo) e as Rías Baixas (dende o norte de Cabo Silleiro ata Corrubedo).

Ademais, as datas fixadas para a veda do polbo permitirán adiantar o período de captura da nécora a partir do nove de xullo, polo que se iniciará a modificación da Orde do 9 de xaneiro de 2007 pola que se aprobou o Plan de Explotación Marisqueira para o actual exercicio. De feito, nese Plan a captura da nécora establecíase entre o dous e o cinco de xaneiro e entre o 23 de xullo e o 31 de decembro.

A veda é unha das medidas máis eficaces do Plan de Recuperacion do Polbo que o ano pasado a Consellería de Pesca puxo en marcha co obxectivo de recuperar a poboación desta especie, permitir a incorporación de novos reclutas e acadar o incremento da biomasa dos individuos xa presentes no stock. Nesta liña, o vindeiro 11 de maio os pescadores recollerán as nasas do mar e quedarán depositadas en terra ata a finalización da veda co que se facilitará o control e cumprimento da norma.

Dacordo cun informe recente da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB), dependente da Dirección Xeral de Recursos Mariños, aínda que as descargas de polbo nas lonxas galegas en 2006 foron similares ás de 2005, observouse unha certa recuperación do recurso no segundo semestre do ano pasado, sobre todo nos últimos meses.
« Última modificación: 26 de Abril de 2007, 11:52:50 pm por karetox »
Galicia.... Terra de meigas
 

Desconectado flossen

  • Usuario 250 - 999 posts
  • ***
  • Mensajes: 356
  • Ha sido agradecido: 9 veces
  • Sexo: Masculino
Re: Veda del pulpo
« Respuesta #1 en: 27 de Abril de 2007, 10:53:22 am »
Gracias por la info, karetox.
Mientras no nos quede vedado permanentemente...

Saludos.
 

Tags: