Autor Tema: Piratas subvencionados.  (Leído 1808 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado rabadaki

  • Usuario 1.000 - 4.999 posts
  • ****
  • Mensajes: 1162
  • Sexo: Masculino
  • Ubicación: Secano
Piratas subvencionados.
« en: 06 de Septiembre de 2009, 04:12:45 pm »
As denuncias sitúan Galicia como base dos principais buques de pesca ilegal
Sete pesqueiros relacionados con empresas do país están incluídos na lista negra de actividades ilícitas. Vidal Armadores, beneficiada por un concurso eólico co PP
 
Sebastián Losada, de Greenpeace: í¢â‚¬Å“España fai un ridículo internacionalí¢â‚¬Â
 Galicia sitúase no punto de mira pola pesca ilegal. Varios grupos ecoloxistas denuncian que numerosos buques de armadoras galegas ou relacionados con empresas do país atópanse na lista negra da Comisión para a Conservación dos Recursos Mariños Vivos (Ccamlr). Ademais, as asociacións sinalan unha compañía, Vidal Armadores, da que piden unha investigación por parte da Audiencia Nacional, e ao seu porto base, Ribeira, onde aseguran que están atracadas dúas das embarcacións piratas máis perseguidas polas autoridades comunitarias.


A última solicitude de Greenpeace, que pediu á Audiencia Nacional que investigue a Vidal Armadores por í¢â‚¬Å“actividades pesqueras ilegaisí¢â‚¬Â,  volveu sacar á luz a polémica. í¢â‚¬Å“Non son denuncias de ecoloxistas, senón sentenzas de tribunais internacionais que xa condenaron esta empresa; cando iso ocorre, é só a punta do icebergí¢â‚¬Â, denuncia Adega.

Para Greenpeace, í¢â‚¬Å“Vidal Armadores é un dos operadores piratas mellor coñecidos de todo o mundoí¢â‚¬Â, a pesar do cal, tal e como denuncian, recibiu 3,6 millóns de euros de fondos públicos entre 2003 e 2005, entre elas unha subvención da Xunta e 2,6 millóns para a investigación científica por parte do Estado. Todo, pese a contar con varios buques nas listas negras oficiais.

Segundo a última actualización da Ccamlr, hai tres barcos controlados por Vidal Armadores incluídos nesta lista que continúan a faenar polos mares. Son o Galaxy, o Liberty e o Paloma V, que acumulan dez nomes e nove bandeiras diferentes nos últimos anos.

"Isto reflicte o débil que é o control e o difícil que é determinar por quen está controlado cada barcoí¢â‚¬Â, lembran en Greenpeace, que advirten, no entanto, que as negociacións políticas avanzan cara a medidas que í¢â‚¬Å“aumentarán a responsabilidade do estado do pavillón do barco, algo necesario para acabar con todos estes abanderamentosí¢â‚¬Â.

íƒÂ marxe destos buques, outros catro máis controlados por compañías galegas aparecen nunha lista con embarcacións incluídas desde 2003. O Bigaro, o Perserverance, o Rex e o Thor 33, todos eles con nomes cambiados varias veces, son tamén xestionados por compañías galegas segundo asociacións ecoloxistas.

Dos 22 buques incluídos nesta listaxe, polo menos sete son operados por armadoras galegas, como Mar de Neptuno ou Canela Shipping, unha filial de José Argibay Pérez SA, e ambas as dúas de Ribeira.

Segundo a organización Oceana, o barco pirata máis buscado no mundo, o Furabolos (agora Eros II), está atracado neste peirao do Barbanza, malia que en novembro de 2008 a Comisión Europea prohibiu a súa presenza en calquera porto da Unión tras pescar sen licenza.

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño asegura que o Eros II entrou no peirao porque a denominación actual non se atopaba en ningunha lista. Un engano. Portos de Galicia, pola súa banda, asegura que, por ordes do Estado, non recibe ningún servizo.

Ademais, Oceana denuncia a presenza do Sunny Jane, outro buque vetado pola Comisión Europea por actividades ilegais e que Portos de Galicia di que foi abandonado hai dous anos. A agrupación sinala tamén que outros dous buques de firmas relacionadas coa pesca ilícita tamén están atracados en Ribeira.

http://www.xornal.com/artigo/2009/03/16/galicia/denuncias-situan-galicia-como-base-principais-buques-pesca-ilegal/2009031600552024855.html



« Última modificación: 06 de Septiembre de 2009, 04:16:20 pm por rabadaki »
 

CARLOSMG

  • Visitante
Re: Piratas subvencionados.
« Respuesta #1 en: 06 de Septiembre de 2009, 04:45:04 pm »
Una flota pesquera de este tamaño y sin plataforma continental donde operar,... pues se dedica a la piratería o se desguaza.

Yo voto por lo segundo, pero sin subvenciones al armador.
 

Desconectado Only

  • Usuario 5.000 - 9.999 posts
  • *****
  • Mensajes: 5919
  • Ha sido agradecido: 135 veces
  • Sexo: Masculino
  • Only can be one
Re: Piratas subvencionados.
« Respuesta #2 en: 06 de Septiembre de 2009, 04:45:36 pm »
El puerto de Riveira es de o que vive, de los piratas del mar.
Karayo; sacale el maximo partido a tu fusil de aire.
http://www.fcarreras.org/es/donantes_194
 

Tags: