A loita contra o furtivismo, prioridade da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños
* A Consellería do Mar considera que son precisos cambios lexislativos para converter o furtivismo en delicto.
* Fernández Asensio anunciou unha
nova orde Publicar directamente de pesca recreativa de carácter provisional ata ter nova Lei de Pesca.
Santiago, 26 de xuño de 2009 .- .O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, destacou a importancia de loitar de forma í¢â‚¬Å“directa, integral e coordinadaí¢â‚¬Â contra o furtivismo, apuntando que, en escasos quince días, estará en vigor o Plan de Coordinación da Loita contra o Furtivismo nas cinco subzonas da costa galega nas que foi dividida a actuación contra a práctica extractiva e comercial fraudulenta e ilegal.
Fernández Asensio, que compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para dar conta das liñas xerais de traballo que levará a cabo o departamento da Consellería do Mar que dirixe, quixo facer fincapé na extensión da intensidade da loita a todos í¢â‚¬Å“os elos da cadea mar-comercioí¢â‚¬Â, ao entender que í¢â‚¬Å“é tan furtivo a persoa que baixa á praia ou a ribeira coma aquela que llo compra e o pon non mercado ou nun restaurante sen os debidos controis hixiénico í¢â‚¬â€œ sanitariosí¢â‚¬Â.
Na súa intervención, o responsable dos recursos mariños da Consellería do Mar manifestou a intención deste departamento de endurecer, í¢â‚¬Å“cumprimentando os pasos xurídicos e administrativo previos e necesariosí¢â‚¬Â a lexislación, para que í¢â‚¬Å“o furtivismo sexa considerado un delicto, convertendo a reincidencia en algo máis ca unha falta, xa que quen practica a pesca ou o marisqueo furtivo está a roubar o futuro aos milleiros de profesionais honradosí¢â‚¬Â.
A maiores, Fernández Asensio comprometeuse a í¢â‚¬Å“ gardar, preservar e soster un estado aceptable, sostible e preciso dos recursosí¢â‚¬Â destacando que será í¢â‚¬Å“unha tarefa inxente máis necesaria no camiño para acadar un equilibrio entre os eidos ambientais, económicos e sociais da explotación do noso marí¢â‚¬Â.
No seo da Comisión oitava, de Pesca e Marisqueo, o responsable do eido do recursos da Consellería do Mar destacou o traballo deste departamento ao entender que í¢â‚¬Å“xestionar os recursos e ordenalos son o primeiro criterio para dar forma e sostén ás economías mariñeiras e mariscadoras e, conseguintemente, ás estructuras sociais que delas dependen, e que en Galicia acollen a preto de 25.000 persoasí¢â‚¬Â.
Para iso, o director xeral subliñou a importancia de actuar í¢â‚¬Å“seguindo os principios das organización internacionais e da UE; fundamentalmente baseados na pesca responsable e na sostibilidade dos recursosí¢â‚¬Â alén de dar primacía ao criterio de precaucióní¢â‚¬Â ao entender que é í¢â‚¬Å“o máis favorable para previr antes que lamentar, para quedar curtos antes que esgotar ou deixar sen reversión os estado dalgún stockí¢â‚¬Â.
Noutra orde de cousas e referíndose ao campo normativo da ordenación e xestión dos recursos mariños, o director xeral tamén resaltou a conveniencia de dar nova forma a varios decretos e ordes, entre elas a da regulamentación que rexe a utilización dos diferentes artes e aparellos para a práctica pesqueira, dando un texto actualizado ao Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia, que fóra aprobado polo Decreto 424/1993, de 17 de decembro.
Na mesma liña, Fernández Asensio apuntou tamén cara á próxima emisión dunha í¢â‚¬Å“nova orde de pesca recreativa de carácter provisional ata ter o texto revisado da Lei de Pesca, orde que deberá regular aspectos coma días, horas, artes e útiles ou zonas prohibidasí¢â‚¬Â. Este feito vén dado, ao teor do director xeral pola í¢â‚¬Å“ausencia dunha normativa clara e concisa nesta eido desde a resolución do Tribunal Supremo de maio de 2006 na que se anulou definitivamente a Orde de 13 de agosto de 1999 que desenvolvía o decreto de pesca deportiva, o que ofrecía os conseguinte problema tanto para os afeccionados coma para os inspectoresí¢â‚¬Â.
Por último, o responsable da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños reiterou o seu obxectivo de traballar por í¢â‚¬Å“mellorar rendas, explotación e calidadeí¢â‚¬Â dos productos e da actividade pesqueira e marisqueira, subliñando a súa vontade de ofrecer í¢â‚¬Å“ánimo, traballo e dedicacióní¢â‚¬Â e í¢â‚¬Âagradecer ao persoal do departamento a súa dedicación e labor, sabedor de que o traballo que realizan é sempre en favor dos nosos profesionais do mar e das praiasí¢â‚¬Â.
http://webpesca.xunta.es/pescacms/opencms/WebPesca/salacomunicaciones/Noticias/comunicacion_1462.html