Decreto 211/1999, do 17 de xuño, pola que se regula a pesca marítima de recreo
í¢â‚¬Â¢ Artigo 3.-
Para a obtención da licencia será necesario presenta-la seguinte documentación, de acordo coas clases que se definen a continuación:
1. Para a práctica da pesca marítima de recreo en superficie:
1. Clase A, válida para persoas físicas maiores de 16 anos:
a) DNI ou pasaporte do solicitante.
b) Xustificante do aboamento da correspondente taxa, excepto perceptores de pensións públicas que acrediten documentalmente tal circunstancia.
2. Clase B, para titulares de embarcacións da 6킪 lista do rexistro de buques, dedicadas a actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo:
a) Rol da embarcación.
b) DNI, CIF ou NIF do titular.
c) Xustificante do pagamento da correspondente taxa.
2.
Para a práctica da pesca marítima de recreo submarina:
1. Clase C, válida para persoas físicas maiores de 16 anos:
a) DNI ou pasaporte do solicitante
b) Certificado médico oficial ó que se refire o Decreto 211/1999, polo que se regula a pesca marítima de recreo.
c) Póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil.
d) Licencia de armas ou tarxeta federativa.
e) Xustificante do pagamento da correspondente taxa.
f) Documentación que acredite o consentimento paterno, materno ou do titor, cando o solicitante sexa menor de idade non emancipado.
g) Validación: cando se presente unha licencia de pesca de recreo submarina, vixente, outorgada por outra Administración pública nacional ou dun Estado membro da Unión Europea, non será necesario achega-los documentos a que se refiren as alíneas b), c), d) e f), de se-lo caso. Si alguien no lo entiende se lo traduzco gustosamente.